Ramón Cabanillas, chamado “poeta da raza” polos seus compañeiros das Irmandades da Fala, unha das plumas que levou a lírica en galego ao século XX con obras como Na noite estrelecida ou Da terra asoballada. Naceu en Cambados o 3 de xuño de 1876 e finou o 9 de novembro de 1959, una data da que onte se cumpriron 50 anos.
Cabanillas foi quen de “renovar a lírica en lingua galega dente as ortodoxia dos movementos galeguistas, así como Manoel Antonio renovouna dende a radicalidade”, segundo opina Xosé Ramón Pena, co-coordinador da antoloxía de toda a poesía en galego de Cabanillas, que en breve publicará Edicións Xerais, unha das moitas homenaxes que o autor está a recibir neste 2009, declarado pola Xunta como Ano Cabanillas.
Fuxindo da crítica, 1874
Pere Borrell del Caso (1835-1910)
A antoloxía, titulada Ramón Cabanillas, poesía galega completa e coordinada por Xosé Ramón Pena e mais Xosé María Dobarro, é o terceiro intento que se fai de reunir os textos de Cabanillas, tamén probablemente o máis completo. Xosé Ramón Pena, doutor en Filoloxía Románica, sinala que os traballos anteriores “non son peores, dende logo, pero tiñan outros obxectivos”. En 1959, poucos días despois do falecemento de Cabanillas, Fernández del Riego e Carvalho Calero publicaron en Bos Aires unha recompilación dos seus textos. Do mesmo xeito, Xesús Alonso Montero recolleu o teatro, a narrativa e a poesía do cambadés en tres volumes publicados por Akal en 1981. “Todos eles tentaron abarcar os outros xéneros que cultivou Cabanillas ademais da poesía, mentres que nós quedamos só na lírica”, explica Pena. Iso, e os achados dos case 30 anos transcorridos tras o traballo de Alonso Montero, permítelles incluír textos publicados en revistas e nunca reunidos nun poemario, que ata o de agora eran moi descoñecidos. Tamén puxeron especial atención “ao ordenamento cronolóxico dos poemas, xa que en varias ocasións descubrimos que algúns foran publicados antes do que criamos, en revistas como a Suevia da emigración da Habana”, di o coordinador da edición de Xerais, un volume de máis de mil páxinas coa lírica dun dos máis prolíficos poetas en galego”.
A. LOSADA, "Galicia enteira lembra a Ramón Cabanillas no seu 50 cabodano" e "Xerais recompila nun só tomo toda a obra lírica de Ramón Cabanillas", en Xornal.com, 10/11/2009.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada