CLUVI


Nesta ocasión, quixera achega-los meus parabéns aos colegas da Universidade de Vigo, polo incansábel labor que se está a levar a cabo no Seminario de Lingüística Informática (SLI), de onde saen ferramentas de traballo tan interesantes como son os dicionarios Inglés-galego e Francés-galego ou o CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo).

Picade no logo do SLI para consultar tódolos recursos en liña alí desenvoltos:



Dende aquí, agradecemos a todo o equipo do seminario, e moi especialmente ao seu xenial coordinador Xavier Gómez Guinovart, que elabore e comparta connosco todo este material lexicográfico de primeira orde.