Se falo da morte...


© TV3

Martí i Pol, Miquel
Quadern de vacances (1976)

_______________________________________________





                                                             Se falo da morte...
Se falo da morte é porque morro
e á fin e ó cabo máis vale falar de cousas
intensamente coñecidas. A miña
morte, por exemplo, eu téñoa ben sabida,
fai tempo que convivimos e seguiremos
convivindo moito aínda, ata que se resolva
d'una vez o preito que endexamais achega,
a pesar do balbordo, senllas sorpresas.
Da quela, será o intre da elexía
e alguén haberá que me adique o panexírico
(en catalán, por favor, e en decasílabos)
que eu, bo e morto, escoitarei con respecto.
Entrementres falo da morte,
porque é aquelo que máis vivo e próximo teño,
para non caer en finas pedantarías
que a ningures levan.
Falo, pois, da morte, e ademais morro.
Non se pode pedir máis honestidade.