Álvaro Cunqueiro foi sempre un intenso lector de literatura catalana, sobre todo de poesía. En non poucas ocasións, comentou libros de poemas cataláns, de tres dos cales, polo menos, traduciu algunhas composicións: senllos poemas de Carner e Ribas e dous de Espriu.
Admirado Cunqueiro nos seus derradeiros anos por varios escritores cataláns (Joan Perucho, Néstor Luján...), a amizade máis dilatada, e quizais a máis intensa, foi a do poeta Tomàs Garcés (1901-1993). A Garcés debemos unha entrañable peza da nosa bibliografía poética: Deu poemes gallecs; Santiago 1954. Un dos dez poemas, todos traducidos por Gracés, é de Cunqueiro: o segundo de Cantiga nova que se chama riveira ("A unha era ai lourifla" e "Era luna, trena rosa"). O exquisito volumen conten, ademais, senllos poemas de Rosalía, Noriega Varela, Euxenio Montes, Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza-Brey, Iglesia Alvariño e Manuel Cuña Novás. Sobre esta singular publicación fixo Cunqueiro, nunha entrevista de 1980, a seguinte revelación: [...] E eu recordarei sempre as dificultades que tiña Gracés en Cataluña para edita-lo seu libriño de poetas traducidos ó catalán, porque ó catalán podíase traducir do grego e do latín, pero non se podía traducir do francés e, moito menos, do galego ou do vasco; entón eu quíxeno editar aquí, en Galicia, e non houbo posibilidade. O Delegado de Información e Turismo da Coruña impediuno. Por fin editouse en Barcelona, máis ou menos clandestinamente."
Ocelí daurat, vine'm ací,
vine'm ací, que la rosada mulla
el teu bressol de branca i fulla
sota el blau fràgil del matí.
_____________________________
Paxaro dourado, ven pra acá,
ven pra acá, que a rosada molla,
teu balancín de rama e folia,
baixo o azul fráxil da mañá.
vine'm ací, que la rosada mulla
el teu bressol de branca i fulla
sota el blau fràgil del matí.
Primeiros versos de Paradís (Tomàs Garcés i Miravet)
_____________________________
Paxaro dourado, ven pra acá,
ven pra acá, que a rosada molla,
teu balancín de rama e folia,
baixo o azul fráxil da mañá.
Versión galega de Álvaro Cunqueiro
Creo que foi Cunqueiro (e, en parte, logo, Aquilio Iglesia Alvariño) o responsable do galeguismo de Tomàs Gracés, galeguismo manifestado de diversos modos e en moi distintas ocasións: no seu artigo da revista Nós en 1920, nas traducións de 1954, nos poemas de tema galego dos libros Plec de poemes (1971) e Escrita terra (1985)... Interesan, e moito, oito páxinas do seu "diari" (El temps que fuig) na que conta a súa viaxe polo noso país en agosto de 1966. En Santiago visita á viúva de Aquilino Iglesia Alvariño e, na conversa: "Parlem d'alguns noms, Celso Emilio Ferreiro, el grup 'Galaxia', el meu vell amic Álvaro Cunqueiro..."
Apéndice
Que eu saiba, hai que chegar a 1956 para que un escritor posterior a Cunqueiro versifique en catalán. Refírome a "Canto de guerra", de José Luis López Cid, breve poema publicado na revista Alborada do Centro Galego de Barcelona (inverno, 1956). Ofrecémo-lo texto orixinal e a traducción galega que supoñemos do propio López Cid, quen fixo a guerra civil en terras aragonesas e catalanas.
Canto de guerra
La llum de l'albada
endureix el casc;
vora la masia
l'ametller flairant.
La boira del Segre
s'eixuga al fusell,
l'aviram deixondi
ençà Balaguer.
Damunt la trinxera
s'escolta la nit.
La xibeca plora
per els morts d'avui.
_________________________
Canto de guerra
A lus da alborada
endura no casco;
ó pé do casal
recende a amendoeira.
A néboa do Segre
enxoita o fusil;
o poleiro esperta
cara Balaguer.
Sobor da trincheira
esbarou a noite.
A curuxa chora
pol-os mortos d'oxe.
La llum de l'albada
endureix el casc;
vora la masia
l'ametller flairant.
La boira del Segre
s'eixuga al fusell,
l'aviram deixondi
ençà Balaguer.
Damunt la trinxera
s'escolta la nit.
La xibeca plora
per els morts d'avui.
Poema de José Luis López Cid
_________________________
Canto de guerra
A lus da alborada
endura no casco;
ó pé do casal
recende a amendoeira.
A néboa do Segre
enxoita o fusil;
o poleiro esperta
cara Balaguer.
Sobor da trincheira
esbarou a noite.
A curuxa chora
pol-os mortos d'oxe.
Versión galega de José Luis López Cid
Antes de Cunqueiro, escribía versos en catalán Emilio Álvarez Giménez (1830-1911). Nado na Puebla de Sanabria, residiu en Pontevedra cincuenta e catro anos; pero, de novo, vivira algún tempo en terras de fala catalana (Mataró, Barcelona, Palma de Mallorca).
Texto íntegro: ALONSO MONTERO, Xesús e Gemma AVENOZA I VERA. Dous poemas en catalán de Álvaro Cunqueiro. Madrid: Universidad Complutense, 1998.
____________________________________________________________________
TRADUCIÓN GALEGA DE DOUS POEMAS CATALÁNS
(Álvaro Cunqueiro)
Paraíso, En-ningures
A auga é flor
e a ánima róubame
meu amor!
A mar é aínda unha moza nova
e polos cumes de En-ningures o seu corpo afúndese
meu amigo!
O veleiro é un rosal florido
e o vento novo unha frecha de ouro fino
meu amor!
Páxaros rechouchían baixo o ceo de En-ningures
que é un mundo azul de suave rumor
meu amigo!
Augas dos ríos da verde ribeira
vinde ás árbores do Paraíso! Chámavos
meu amor!
En-ningures, Paraíso
vinme ferido
de flores o peito
meu amigo!
***
A noite é moura
tres estrelas son tres
e a laverca é unha
A laverca é doncela
non sei se froita
non sei se estrela
O aire dixo
que a auga e a rosa
dormírono
A auga cantou
que o aire e a alba
a despertaron
Quen teña amor
que veña aquí!
dar a flor!
Cadro en portada: Xaime Quessada en homenaxe a Picasso
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada