Camilo Gonsar: in memoriam



Camilo Gonsar (1931-2008)


NOTA DO AUTOR
Non vou contar como chegou ás miñas mans o presente relato, porque sería complicado de máis. Direi soamente que eu non coñezo ao autor do mesmo e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa é seguramente un cidadán de fala inglesa.
Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia ha quedar claro para quen se decida a ler as presentes páxinas, que eu me limitei a traducir. Aínda que, a dicir verdade, de seguida vin que a miña traducción é tamén moi defectuosa e mesmo incompleta: sen ir máis lonxe, deixei tal como viñan numerosas palabras e frases enteiras, non sei se por preguiza ou incluso, nalgún caso, por ignorancia.
Debo advertir tamén que non sólo non estou conforme coa maioría das ideas expresadas no relato, senón que me parecen simplemente repelentes. Mais pregúntome (autopregunta retórica) se non podemos sacar proveito tamén, negativamente se se quere, de exemplos do que non debe ser. Sirva isto de xustificación.



EPÍLOGO DESDE FÓRA
Certamente, é máis fácil dicir o que algo non é que dicir o que é.
("Epílogo desde fóra")




GONSAR, Camilo. Cara a Times Square. Vigo: Galaxia, 1980.
Fonte: Biblioteca Virtual Galega